Quixera comezar por saudarvos e falarvos, dos primeiros días que pasei con estes pequenos e pequeñas.
Empezar 3 anos en Infantil sempre é un reto, o curso máis difícil de todos para min, porque é unha responsabilidade enorme. Supón o seu primer contacto co cole e polo tanto é vital que sexa un ano estupendo nun lugar que lles faga sentirse felices, protexidos e cómodos. Sería terrible pensar que un deba vir o resto da súa vida a un sitio no que non se sinta ben.
Ademáis está o reto de lograr que sepan que, si están comigo, están a salvo; que poden confiar en min e que os vou axudar sempre.
O cole de Tarrio ten o problema engadido de que é enoooorme e da un pouco de medo; como ademáis van e veñen en autobús, comen no comedor... pasan moito tempo lonxe de vós polo que para eles ás veces a mañán faise moi longa.